Campionato Galego Absoluto

Nestas datas tan sinaladas e festivas, o Equipo Absoluto do Club Natación Arteixo participa na cita de inverno máis importante da natación galega, o Campionato Absoluto. Celébrase en Ferrol, na piscina Javier Gómez Noya dende o venres 27 ata o domingo 29. 19 probas en categoría feminina, 21 probas en masculina e 10 remudas será o total da representación dos arteixáns:

Noelia, Miriam, Tomás, Omar, Martín, Tamara, Alba, Tino, Diego, Luis, Héctor e Virginia, doce nadadores/as que rematarán este ano 2013 competindo coa maior ilusión para acadar as súas mellores marcas e deixar ó seu club nun bo posto.

Podemos estar atentos a tódolos resultados premendo no enlace:

Web do Campionato

¡¡Sorte e Ánimo EQUIPO!!