Gran fin de semana competitiva a que vivimos en Lugo durante a celebración do Campionato Galego de Inverno Absoluto. Foi un gran traballo do grupo de 16 deportistas que defenderon as cores do Club Natación Arteixo, e que deixan como resumen moitas MMP e 9 medallas, unha delas en remuda feminina. O CNA acadou o 7º posto masculino, 6º feminino e 8º na clasificación conxunta por equipos.
O evento foi un éxito de organización por parte do Club Natación Portamiñá, dándolle as finais da tarde e especialmente das remudas, un ambiente competitivo excelente, que emocionou a público e deportistas.
Participaron en nome do Club Natación Arteixo: Eva, Ana, Alba, Nerea, Tamara, Peni, Lucía, Claudia, Alejandro, Manuel, Pablo, Mateo, Miguel, Marcos, Rubén e Javi. Participaron en tódalas remudas do campionato, nas que destacamos a medalla de bronce do 4×200 libre feminino e a mellora dos postos masculinos respecto a outras edicións. Acadamos os seguintes postos: 5º masculino en 4×200 libre, 7º posto masculino e 6º feminino en 4×100 libre e 4×50 estilos, 11º masculino e 4º feminino en 4×50 libre, 8º na de 4×50 estilos mixta, que por fin pudo recuperarse despois da pandemia, e 4º posto tanto en masculino coma en feminino na remuda que clausura o campionato, a de 4×100 estilos.
Tivemos presencia en vinteunha finais, que se nadaban nas sesións da tarde e que lle daban un gran ambiente competitivo e de espectáculo ó campionato,
Os nadadores e nadadoras con medalla foron, Mateo García, con 3 ouros en 400, 800 e 1500 libre, e 1 bronce en 200 libre; Alba Gómez, con 2 ouros en 50 e 100 bolboreta, e 2 pratas en 100 e 200 libre; e Miguel Ángel Gómez foi prata en 200 braza. Miguel e Alba acadaron mínimas para asistir ós Campionatos de España nas probas de 50 braza e 100 bolboreta respectivamente, que se suman ás que xa tiñan dende a tempada pasada. Dito evento celebrarase en Sabadell do 16 o 18 de decembro e ó que acudirá tamén Mateo García.
Unha vez máis, o máis salientable do Campionato Galego foi o nivel competitivo xeral acadado por todo o Equipo, o gran ambiente de ánimo ós compañeir@s e a convivencia destes tres días pasados en Lugo.
Noraboa a tod@s polos resultados!!