Os alevíns estrearon a tempada de Campionatos Galegos de verán a fin de semana pasada. Mañá tócalle o turno o Equipo Junior e Absoluto, que acuden a Ourense a nadar 39 probas individuais e 10 remudas, repartidas en 5 sesións.
O equipo estará formado por 4 nadadoras e 7 nadadores, que loitarán dende o venres ata o domingo por deixar ben alto o nome do CNA. Alba, Noelia, Tamara e Virginia. Ángel, Fran, Héctor, Luis, Martín, Omar e Tino.
Para manterse ó día das novidades do campionato:
¡¡Sorte e ánimo para este grupo, que sen dúbida competirá como un equipo de Primeira!!