Os nadadores/as de categoría absoluta do Club Natación Sarval Arteixo, asisten a un dos campionatos más importantes da tempada.
Dende o xóves 28 ata o sábado 30 de Decembro, 13 deportistas (6 nadadoras e 7 nadadores), viaxan a Santiago de Compostela, á piscina de Santa Isabel, para participar no Campionato Galego Absoluto de Inverno. Consta de 3 xornadas con sesións eliminatorias pola mañán, e fináis pola tarde.
A pesar de contar con algunhas baixas, os deportistas teñen unha gran ilusión e esperan uns bos resultados. Participarán nun total de 45 probas individuáis (24 femininas e 21 masculinas) e 10 remudas.
Para estar ó día dos resultados do campionato podedes facelo na páxina oficial:
¡¡Moita sorte e ánimo EQUIPO!!