Mañán martes comeza o Campionato Galego Absoluto de Inverno. Celébrase en Lugo, na piscina do Fluvial e será en tres xornadas, 28, 29 e 30, cun total de seis sesións, repartidas en tres para as nenas, e tres para os nenos, por cuestións de aforo e seguridade coa situación actual.
Acudimos cun total de 12 deportistas, sete nenas para nadar 24 probas individuais e 5 remudas, e cinco nenos con 17 probas individuais e 5 remudas. Esperamos que este pequeno equipo participe coa maior ilusión e forza posible, para demostrar a mellora acadada nestes meses de adestramento. Nestos tempos que nos toca vivir e tal como están as cousas estes últimos días é un privilexio poder participar nunha competición regulada, así que aproveitaremos a tope a ocasión.
A competición será retransmitida a través da plataforma Youtube por deferencia do Club Fluvial de Lugo, e podemos estar atent@s ós resultados na web do campionato. Deixamos os enlaces á vosa disposición.
Ánimo e sorte a tod@s!!
Web do CampionatoConvocatoriasStreaming