Mañán domingo comeza o Campionato Galego Absoluto en piscina de 25, será en POntevedra, na piscina de Rías do Sur. Este campionato é un privilexio para a natación e para o deporte federado en xeral. Celebrarase en condicións un pouco diferentes que ás que estamos acostumados, pero as ganas e a motivación dos deportistas galegos farán del, seguro, un gran campionato.
Os equipos feminino e masculino nadarán en xornadas diferentes, para garantizar a seguridade en canto a aforos. As primeiras en competir serán elas, o domingo todo o día e o luns pola mañán. O equipo masculino nadará o luns pola tarde e o martes todo o día. Participamos cun total de 14 deportistas, 8 nenas e 6 nenos, que esperamos naden con ganas e defendendo ó seu club coa ilusión á que nos teñen acostumados. Participaremos en tódalas remudas, un total de 10 e en 43 probas individuais.
Podemos seguir a competición en directo vía streaming e estar atent@s ós resultados case en directo, na páxina da FEGAN habilitada para isto.
Ánimo para este gran equipo, que de novo pode volver a medirse!!