Mañá sábado día 28 da comezo o Campionato Galego de Inverno, e o noso club presenta un equipo de 8 nadadores e 7 nadadoras que participarán nun total de 51 probas individuais e 11 remudas.
Será en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, durará de sábado a luns en dúas sesións, eliminatorias pola mañá e finais pola tarde.
Desexamos a esta representación do CNA que rinda a tope e que disfrute desta nova cita competitiva. Despedirán o ano deixando o mellor que teñen nas augas de Pontevedra.