Campionato Galego Absoluto

Mañá comeza o Campionato Galego Absoluto de Inverno. Celebrarase o mércores, xoves e venres en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, en piscina de 25 metros. O Club Natación Arteixo participa con 10 nadadoras e 7 nadadores, con un total de 54 probas individuais e 10 remudas.

Con moitos nadadores/as que se estrean nesta categoría absoluta, aumentamos o número de participantes respecto ó 2015. Sabemos que o Club Natación Arteixo saberá estar á altura  deste gran primeiro evento da tempada a nivel galego.

Podedes estar ó día dos resultados na web da Fegan:

Web do Campionato

Convocatorias

¡¡Sorte e ánimo EQUIPO!!