Mañán comeza o Campionato Galego Absoluto de Inverno. Será en Lugo, na Piscina de Frigsa, en 3 xornadas de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde, de sábado a luns. O noso equipo estará representado por 11 nadadoras e 9 nadadores, que asisten a nadar un total de 59 probas individuais e tódalas remudas do campionato. Todo o seu ánimo e o seu esforzo estará dirixido a deixar o máis alto posible o listón do Club Natación Arteixo.
O desprazamento realizarase en coches particulares e estaremos na Piscina ás 8:00, xa que a xornada da comezo ás 9:30, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.
Podemos estar atent@s ós resultados e ver a convocatoria premendo nos seguintes enlaces.
Ánimo e sorte EQUIPO!!


