Campionato en Ourense

Rematou o Campionato Galego Infantil e Junior de Invernoque se celebraba en Ourense esta fin de semana.

O máis salientable da actuación do Club Natación Arteixo foi a unión do grupo e o ánimo recibido por cada nadador/a en cada proba por parte de todos os compañeiros. Seguramente este espírito de equipo axudou moito ao éxito deportivo do Club.

Acadamos o 13º posto na clasificación conxunta nas dúas categorías, na Infantil 13º en feminino e 11º en masculino; na Junior 20º en feminino e 8º en masculino.

Na actuación individual destacamos a mellora de case tódalas marcas e as 10 medallas acadadas por Alba Gómez, Omar Andrade, Francisco Sanjorge e Luis Suárez. En total foron 4 ouros, 5 pratas e 1 bronce. Ver Medalleiro

O Club participou en tres remudas co equipo masculino infantil, nas que acadaron os seguintes postos: 11º en 4×100 libre, 12º en 4×200 libre e 10º en 4×100 estilos.

¡¡Noraboa a tódolos compoñentes deste equipo que seguro será máis grande para o campionato de verán!!

Resultados