Pleno de medallas e tres récords para os asistentes do CNA este domingo ó Campionato Galego de Fondo Máster.
Asistiron cinco deportistas de varias categorías e nadando diferentes distancias, xa que neste campionato pódese elexir entre 1500 e 800 libre. Acadaron polo tanto cinco metais. Ramón foi ouro en 1500 libre, Raquel e Gloria foron prata en 1500 libre e Javier Mella e Chus foron prata en 800 libre.
Ramón obtivo récord galego de +80 anos en 800 e 1500 libre, e Raquel de +35 en 1500 libre.
Noraboa Equipo!!