Campionato de Fondo Máster

Onte domingo, celebrouse en Mos, o Campionato Galego de Fondo Máster. Asistiron 3 nadadores que acadaron moi bos resultados, destacando 2 medallas e un Récord Galego e de España.

A competición celebrouse en horario de mañán. Os deportistas podían participar nas probas de 800 ou de 1500 libre. Javier Mella nadou 800 libre, acadando o 4º posto da categoría +45. En 1500 obtivemos dúas medallas, unha chegou da man de Rubén Villamor, que foi bronce de categoría +20.

A outra medalla veu cargada de emoción, xa que Ramón Folch, foi ouro, ademáis de batir o Récord Galego e o Récord de España nesta proba na categoría de +85. Ramón ten na súa axenda participar no Campionato de España de Fondo, así que teremos que estar atent@s a este nadador que seguro que ten preparadas máis alegrías competitivas para o noso club.

Noraboa Javi, Rubén e Ramón!!

Resultados