Mañán comeza o Campionato de Europa Absoluto de Augas Abertas, será en Croacia, e o Club Natacion Arteixo terá dous participantes seleccionados co Equipo Nacional. O evento terá no lugar de Stari Grad, localización excelente para este tipo de competicións, e os nosos deportistas xa se atopan alí adestrando dende o sábado.
Unha vez máis, Mateo García e Paula Otero serán os encargados de lucir o nome de Arteixo nas citas máis grandes a nivel internacional. E farano con un apretado calendario competitivo, participando en 3 probas e unha posible remuda. O planing será o seguinte:
mércores 28, proba de 10K, Paula ás 9:00, Mateo ás 14:00
xoves 29, proba de 5K, Paula ás 9:00, Mateo ás 15:00
venres 30, proba Knockout Sprint, Paula ás 10:00, Mateo ás 15:00
Poderemos seguir os resultados en directo nos enlaces que deixamos a continuación. Esta competición será moi importante tamén porque é clasificatoria para o Campionato do Mundo de Augas Abertas que se celebrará en Singapur no mes de xullo.
Ánimo e Sorte Mateo e Paula!!


