Campionato de Europa de Augas Abertas

E por fin publicamos a nova máis importante de toda a semana, que aínda que tod@s coñecemos xa a través das nosas RRSS, hoxe amosamos aquí a crónica completa. O éxito dos nosos nadador@s seleccionados co Equipo Nacional de Augas Abertas no Campionato de Europa en Croacia a semana pasada. Mateo García e Paula Otero voltan con un traballo moi ben feito, novas citas internacionais importantes e unha medalla.

Este Campionato celebrouse nunha excelente localización, en Stari Grad, en Croacia, dende o mércores 28 ata o sábado 31 de maio. Mateo e Paula viaxaron como parte da selección española absoluta, formada por cinco deportistas.

Mateo García, o máis mozo da convocatoria, que se estrea esta tempada como absoluto en Augas Abertas, fixo un gran papel rozando o Top-10 nas tres probas que nadou, peleando cos máis grandes desta modalidade. Acadou o 13º posto en 10K, o 12º en 5K e o 13ª da semifinal no Knockout Sprint.

Paula Otero obtivo postos moi destacados nas tres probas do evento. Empezamos pola proba de 10K, que era clasificatoria para o Campionato do Mundo, nesta proba Paula acadou o 6º posto, sendo ademáis a primeira nadadora española. Ó día seguinte, na proba de 5K quedou no 5º posto. E o mellor chegou o último día, na novedosa proba de Knockout Sprint, proba na que se nadan tres distancias onde se van eliminando deportistas. As distancias son 1500 na eliminatoria, 1000 na semifinal e 500 na final. E a esta final chegou Paula, acabando con unha impresionante carreira na que se colocou en 2º posto dende a saída, e foi quen de mantelo, proclamándose Subcampiona de Europa desta proba.
Estos grandes resultados para estes dous destacados nadadores do noso Club traen moi boas novas e importantes citas internacionais. A Rfen acaba de publicar a convocatoria do Campionato do Mundo de Augas Abertas de Singapur do 15 ó 20 de xullo, e ahí estará Paula Otero, formando parte do Equipo Nacional. Mateo ten posibilidades de ser seleccionado para outro importante evento de AA a nivel internacional. E por todo esto ambos nadadores viaxan a Sierra Nevada para participar nunha concentración de adestramento co grupo de fondo do CAR de Málaga. Paula está dende o 1 de xuño ata o 1 de xullo; Mateo unirase o día 12, despois de participar no Campionato de España na proba de 1500 libre.
Noraboa Paula e Mateo!!