Campionato de España

Dende este mércores día 24 de marzo celébrase o Campionato de España Junior e Absoluto Open. Este importante evento durará ata o domingo 28 e será en Sabadell. O Club Natación Arteixo participa con tres nadadoras, Antía Gómez e Paula Otero de categoría junior e Alba Gómez, de categoría absoluta.

Antía participa na proba de 100 costas, Alba en 50, 100, 200, 400 libre e 200 estilos. Estas dúas nadadoras sufriron o parón de adestramentos provocado polas restriccións debido á Covid_19, pero xa levan tres semanas de bo traballo ó que seguro saberán sacarlle partido en competición.

Paula nadará 100, 200, 400, 800 e 1500 libre. Esta nadadora adestra en Pontevedra, no CGTD e enfrentarase á súa cita máis importante dende a pasada tempada, xa que loitará por refrendar as mínimas do Campionato de Europa junior que xa obtivo nadando en diferentes citas coa selección española.

Ante todo trataremos de disfrutar desta gran oportunidade de competir no máis alto nivel, nun campionato do que sairá o equipo que participará nos Xogos Olímpicos que foron aprazados no verán de 2020.

Ánimo e sorte Antía, Alba e Paula!!

Web do Campionato