Unha vez máis o CNA amplía os seus horizontes. A nadadora Noelia Gómez participará no Campionato de España Universitario que se celebrará en Jaén, en piscina de 25 metros os días 8 e 9 de maio.
Noelia será a única representante da UDC neste deporte, e participará o martes na proba de 200 braza e o mércores en 50 e 100 braza.
Moita sorte e ánimo Noelia!!