Campionato de España. Resultados

Catro finais acadadas e moi boas marcas de Alba, Noelia e Luis é o mellor resumo do Campionato de España Junior e Absoluto que acaba de celebrarse en Barcelona.
Este evento rematou onte domingo, e os nosos deportistas xa están de volta en Arteixo coa satisfacción que produce un traballo ben feito.

A este evento viaxaron dous nadadores de categoría absoluto mozo, os dous con unha proba e unha nadadora de categoría junior con un total de seis probas.
Luis Suárez, do ano 96 nadou o domingo o 200 braza, baixando a súa marca persoal a 2.31.69 e acadando o 13º posto absoluto mozo e o 42º absoluto.
Noelia Gómez, do ano 97, participando na mesma proba, nadou na sesión da mañá dominando a serie dende o principio e mellorando o seu mellor tempo acadando así o 5º posto para participar na Final B absoluta. Nadou pola tarde baixando unhas décimas sobre a marca da mañá e acadando un magnífico 13º posto absoluto e 2º absoluto mozo, cunha marca de 2.41.40.
E pola súa parte, a nadadora junior, Alba Gómez, que fixo un gran papel neste campionato, participando en dúas probas cada día, mellorando case todas as súas marcas persoais e acadando postos de finalista en tres probas:
O venres participou no 200 libre, que con un tempo de 2.12.98 acadou o 16º posto junior. Ese mesmo día ó final da mañá nadou o 400 estilos, mellorando a súa marca e acadando un lugar na final de 15 anos, cun tempo de 5.13.88, repetiu marca pola tarde acadando o 11º posto junior.
O sábado nadaba as probas máis cortas, o 100 libre, que con 1.01.47 acadou o 17º posto. E na mesma xornada o 100 braza, con 1.19.39 clasificouse 18º junior.
E para rematar de forma inmellorable o campionato, participou en dúas probas máis o domingo, clasificándose como finalista de 15 anos en ámbalas dúas probas. No 200 braza, nadando pola tarde a mellor marca, 2.46.99, posto 9º junior. E só media hora despois, nadaba a final de 200 estilos, acadando o 8º posto junior cun tempo de 2.27.84.
Gran tarde de remate de campionato a do domingo para este club, con tres finais no evento deportivo máis importante do verán a nivel nacional. En Picornell, este verán soou o nome de Arteixo ben alto.

¡¡Noraboa ós tres polos resultados acadados que se suman ós do club nesta tempada!!

Web do Campionato