Este domingo rematou o Campionato de España de Inverno que se estaba a celebrar en Madrid dende o xoves día 14. Foi un bo comezo de tempada de nacionais, con boas marcas para os tres participantes do Club Natacion Arteixo. Tivemos presencia nun total de cinco finais, e Alba, Miguel e Paula estiveron moi cerca das súas MMP, que para esta parte da tempada é un bo comezo.
Paula foi finalista nas tres probas nas que participou acadando destacados postos, 4º en 1500, 5º en 800 e 6º en 800 libre. Alba nadou un total de seis probas, e foi finalista en dúas na tarde domingo como remate da competición. Os seus postos foron, 26º en 100 bolboreta, 24º en 50 libre, 29º en 50 bolboreta, 22º en 100 estilos, e 15º nas finais de 100 libre e 200 estilos. Miguel Ángel acadou o posto 27º en 200 braza e 50º en 100 braza.
Acércanse agora moitas citas galegas nas que poderemos seguir a evolución da tempada e teremos a oportunidade de seguir mellorando, Copa de España, Campionato Galego de Longa Distancia, e Campionato Galego en pleno Nadal.
Noraboa polos resulatdos!!