Campionato de España. Resultados

Esta semana celebrouse en Málaga o Campionato de España de Natación de categorías junior e absoluta. O Club Natación Arteixo acadou moi bos resultados dos seis deportistas cos que participaba. Doce MMP, sete récords de club, nove finais, e un nadador destacado, Mateo García Castro, que volta con tres medallas de ouro en categoría Junior, tres cuartos postos absolutos, dous récords galegos e dúas mellores marcas galegas de idade.

A competición celebrouse nas instalacións de Inacua, na cidade de Málaga, durante cinco calurosos e intensos días de competición con sesións de eliminatorias e finais. O noso grupo estaba formado por seis deportistas, dous absolutos e catro junior, que rematan esta tempada con moi bos resultados a nivel individual. Pasamos con unha pequena crónica.

Na categoría absoluta, Alba Gómez nadou un total de cinco probas. Entro nas finais de 100 e 200 libre. Acadou os seguintes postos nas súas probas: 10º en 200 libre, 12º en 100 libre, 20º en 50 libre, 33º en 100 bolboreta e 47º en 50 bolboreta.

Miguel Ángel acadou as súas MMP e récord do club nas probas de 200 braza e 50 braza, acadando os postos 9º e 25º en categoría de absoluto mozo. Na proba de 50 costas acadou o 29º posto.

Na categoría junior comezamos con Claudia Suárez, que nadou o sábado a proba de 200 bolboreta acadando MMP e rematando no 11º posto de 16 anos. Manuel Varela participou nas tres distancias de costas, con MMP en 50 e 200, esta última distancia foi tamén récord do club. Rematou nos seguintes postos de 17 anos, 10º en 200, 21º en 50 e 25º na proba de 100 metros costas.

Eva Sánchez foi finalista en tres das catro probas nas que participaba, tendo que xogarse un desempate en 50 costas, para acceder á dita final. Eva obtivo MMP nas tres distancias de costas acadando os seguintes postos en categoría junior de 16 anos, 8º en 200, 21º en 50, e 25º en 100. Ademáis participou o último día na proba de 200 estilos acadando o 17º posto.

Temos que destacar a actuación de Mateo García, que acadou grandes resultados, foi Campión de España de 18 anos e 4º absoluto nas probas de 400, 800 e 1500 libre, e 4º junior en 200 libre. Comezou xa moi forte a competición batendo o récord galego de 400 libre en dúas ocasións, pola mañán nas eliminatorias, e pola tarde mellorando o seu rexistro, marca que ademáis foi a de máis puntos FINA do Campionato Junior. Bateu tamén o récord galego na proba de 800 libre o domingo. Ademáis obtivo as mellores marcas galegas de 18 anos nas probas de 200 e 1500 libre.

Mateo logrou ademáis unha clasificación internacional ó acadar o 1º posto de 18 e 19 anos na proba de 1500 libre. Cumprindo este criterio, formará parte do relevo junior mixto de 4×1500 libre que defenderá a España no Campionato de Europa de Augas Abertas que se celebrará en Corfú (Grecia) a finais do mes de setembro. Para este relevo está tamén seleccionada Paula Otero, así que o Club Natación Arteixo terá nada máis e nada menos que a metade dos compoñentes dun equipo nunha cita internacional. Mateo viaxará coa Selección Junior a Sierra Nevada para participar nunha concentración dende o 7 ó 27 de agosto na que iniciará a súa preparación específica para Grecia.

Gran colofón de tempada para o Club Natación Arteixo con esta actuación competitiva. Da gusto finalizar un ciclo sabendo que deixamos un bo traballo de equipo feito, dende a base ata o máis alto: estes resultados a nivel nacional, a vindeira competiremos en División de Honra e a nosa base está medrando, garantizando así o máis importante dun Club, ter sempre a vista dirixida cara ó futuro.

Noraboa Alba, Claudia, Eva, Manuel, Mateo e Miguel por este campionato!!

Noraboa a todo o CNA por esta tempada 22-23!!

Resultados