Voltamos de Sabadell con grandes resultados para os catro deportistas do Club Natación Arteixo. Nove finais, cinco medallas, moitas MMP, moita calor pero gran nivel competitivo. Mateo, Miguel, Alba e Paula puxeron o listón do noso club neste tipo de eventos a un nivel moi alto.
O campionato celebrouse nas instalacións do Club Natación Sabadell dende o mércores 20 ata o domingo 24. As probas constaban de eliminatorias e finais, salvo coma sempre nas probas de fondo. O ambiente do grupo e en xeral de toda a natación galega foi moi competitivo e motivante. Ademáis, o campionato absoluto era Open, e polas datas nas que se celebrou, asistiron moitos nombres importantes da natación internacional, ó que lle deu un carácter moito máis emocionante.
Empezamos pola categoría absoluta con Paula Otero, que só asistiu ata o venres, xa que está convocada para una concentración en Sierra Nevada co Equipo Nacional, co que asistirá ó Campionato de Europa en Roma a segunda semana de agosto. Participou en 1500 e 400 libre, probas nas que foi bronce absoluta e Campiona de España de categoría absoluta moza.
Alba Gómez participou nun total de catro probas, das que foi finalista en tres. Acadou moi boas marcas e estivo a moi bo nivel, feito que demostra que xa a temos recuperada da lesión que sufriu hai un ano. Acadou os seguintes postos, 9º en 200 libre, 10º en 400 libre, 11º en 100 libre e 25º en 50 bolboreta.
Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluto mozo, nadou a proba de 200 braza con moi boas sensacións, obtendo a súa mellor marca persoal e acadando o 10º posto da súa categoría.
Mateo García, de categoría junior de 17 anos, fixo tamén un gran campionato, foi finalista nas catro probas nas que participou, acadando en todas as súas mellores marcas. Acadou o 5º posto nas probas de 1500 e 200 libre, o 4º en 800 libre, pero a súa gran proba foi a de 400 libre, na que participou na final coa presión de saber que tiña opción a medalla se facía unha boa carreira, e así foi, xestionou moi ben a presión da situación e con moi boa marca, rematou como Subcampión de España de 17 anos.
Noraboa ós catro por estes resultados e ánimo Paula para este período de adestramento en altura!!