Campionato de España. Resultados

Acaba de rematar o Campionato de España Junior e Absoluto Open de Primavera que se celebrou dende o mércores 24 en Sabadell. A actuación do Club Natación Arteixo coas súas tres representantes, Alba, Antía e Paula foi mellor que xenial. Moi boas marcas, nove finais, seis medallas, mínimas internacionais e unha inmellorable actitude competitiva e de Club. Alba e Antía souberon rebasar a barreira producida pola carencia de adestramento durante 5 semanas, e Paula soubo poñer a guinda a un gran ciclo de adestramento con impresionantes resultados.

Era un evento moi importante xa que era o clasificatorio para varias citas internacionais, campionatos de Europa junior e absolutos e para os JJOO de Tokio. Por esto foi unha competición cargada de emocións, tanto para os que competían coma para a grada.

O Club Natación Arteixo participou con tres nadadoras, Alba Gómez, de categoría absoluta que obtivo moi bos resultados, xa que acadou postos de finalista en catro das cinco probas nas que participaba, 100, 200, 400 libre e 200 estilos.

A representación junior foi de dúas nadadoras, que acadaron o 5º posto por equipos a nivel nacional. Antía Gómez nadou a proba de 100 costas con boa marca persoal. E a participación máis salientable foi a de Paula Otero, que estivo magnífica e moi competitiva nas súas probas. Paula acadou dúas medallas absolutas, bronce en 800 libre e prata en 400 libre, nesta última proba fixo unha impresionante carreira na que só dúas centésimas de segundo a separaron do ouro. Tamén obtivo medallas en categoría junior, foi ouro en 200, 400 e 800 libre, batindo o récord do campionato nesta última proba, e prata en 1500 libre.

Paula ademáis refrendou as mínimas esixidas pola RFEN para participar no Europeo Junior nas probas de 400, 800 e 1500 libre. Este evento celebrarase en Roma a principios de verán.

Noraboa chicas!!

Resultados