Esta semana foi moi movida para o noso Club, celebráronse dous campionatos importantes. Empezamos polo Campionato de España Absoluto de verán que se celebrou en Palma de Mallorca dende o xoves día 25 ata onte domingo 28.
Participábamos con tres deportistas que acadaron bos resultados. Miguel Ángel Gómez nadou a proba de 200 braza, acadando o posto 27º. Mateo García e Paula Otero nadaron as probas de fondo, foron finalistas en todas. Mateo foi 4º en 1500 libre, 5º en 800 e 6º en 400 libre. Paula acadou o 4º posto en 800 e 1500 libre, e 6º en 400 libre.
Aínda non remata a tempada para estes nadadores, Miguel terá unha cita no Campionato Galego a vindeira fin de semana e Mateo e Paula saen pronto para unha concentración en Sierra Nevada preparatoria para o Campionato de Europa.
Noraboa!!


