O Club Natación Arteixo terá por primeira vez, representación masculina e feminina no Campionato de España Open de Primavera, que se está a celebrar dende onte ata o martes día 31 en Málaga. Estes deportistas son Luis Suárez e Noelia Gómez e nadarán a proba de 200 braza.
Os dous nadadores son de categoría absoluta xoven e terán oportunidade de vivir o campionato máis importante a nivel nacional, xa que é a cita na que os mellores de este deporte teñen que acadar as marcas para participar nos campionatos internacionais.
A proba na que participan terá lugar o martes día 31, haberá eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, estas últimas retransmitidas en directo en Teledeporte.
Para estar ó día dos resultados premede no seguintes enlaces:
¡¡Sorte e ánimo!!