Campionato de España Open de Natación

A cita máis importante da élite da natación española, celébrase dende o xoves ata o domingo en Palma de Mallorca, en piscina de 50 metros. Trátase do XV Open Absoluto de Natación, un Campionato de España aberto á participación de nadadores doutros países, e que é clasificatorio para o vindeiro Campionato de Europa de verán.

Neste importante campionato, o Club Natación SARVAL Arteixo terá participación, Virginia Naya Mato, nadadora de categoría absoluto mozo, que nadará o xoves día 10 a proba de 50 libre, proba na que acadou a mínima no Campionato Galego de inverno celebrado en Ferrol no mes de decembro.

Esta competición nádase en eliminatorias e finais, que se conformarán cos 20 mellores tempos de absolutas e os 20 mellores tempos de absolutas mozas.

Podemos seguir as novas do campionato na páxina web da

RFEN

¡¡Ánimo e sorte Vir!!