Acércase unha das citas competitivas a nivel nacional máis importantes do ano. O Campionato de España de Inverno de categorías Junior e Absoluta. Esta tempada é moi especial por ser ano olímpico e este campionato servirá de antesala para o clasificatorio do mes de xuño, será un evento onde os mellores nadadod@s a nivel nacional e internacional medirán as súas forzas neste primeiro ciclo da tempada.
O Club Natación Arteixo terá a presencia de seis deportistas con un total de dezanove probas individuais e unha remuda absoluta.
O campionato comeza o mércores 21 de febreiro e remata o domingo 25, serán cinco días de dúas intensas sesións, de mañán de eliminatorias e tardes de finais. Será nas instalacións deportivas do Club Natación Sabadell e contaremos coa posibilidade de seguilo en directo vía streaming.
Asisten como junior, Eva Sánchez e Manuel Varela que nadarán 50, 100 e 200 costas. En categoría absoluta contaremos con dúas nadadoras, Alba Gómez, con 50, 100 bolboreta e 100 e 200 libre, e Paula Otero, con 200, 400, 800 e 1500 libre. E dous nadadores, Mateo García, 200, 400, 800 e 1500 libre, e Miguel Ángel Gómez, que nadará 200 braza.
Unha das cousas máis emocionantes deste campionato é que presentaremos unha remuda, a de 4×100 estilos mixta absoluta, outra cita que apuntaremos como histórica no club, xa que temos participado en remudas só de categoría infantil.
A emoción está servida, así que podemos seguir todo o que vaia sucedendo dende o enlace que deixamos a continuación, incluindo o streaming.
Ánimo e sorte a tod@s!!