Durante os vindeiros catro días, dende o sábado 19 ata o martes 22, celébrase en Sabadell o Campionato de España Absoluto máis importante da tempada, sobre todo para os nadadores/as de máis alto nivel. Trátase do XVII Campionato de España Open de Primavera, e os máis “grandes” xóganse a súa participación no Campionato de Europa e nos Xogos Olímpicos de Río. E aí estaremos unha vez máis.
O Club Natación Arteixo ten a maior representación na súa historia neste evento, con tres nadadoras que nadarán un total de seis probas. Noelia Gómez, de categoría absoluta mozo, participará en 50, 100 e 200 braza. Virginia Naya, de categoría absoluta, nadará 50 e 100 libre. E a máis nova da expedición, Alba Gómez, de categoría junior, que acadou a mínima na proba de 200 braza.
O máis grande da natación española reúnese nestas terras catalanas, e tamén as nosas deportistas, elevando unha vez máis o listón do Club Natación Arteixo.
Para estar ó día dos resultados da competición, podedes seguilos na páxina oficial da RFEN e as finais pola tarde en directo en teledeporte.
¡¡Ánimo e a por todas chicas!!