Hoxe comeza en Pontevedra, na Piscina Rías do Sur, o Campionato de España Máster, con récord de participación, 1271 inscritos, e por primeira vez na xove historia desta categoría, o Club Natación Arteixo preséntase con dous nadadores.
Estes nadadores son: Diego Rodríguez, que nadará 800, 50 e 100 libre, 50 e 100 bolboreta.
E Javier Mella, que nadará 50 e 100 libre, e 50 e 100 costas.
A competición durará dende hoxe xoves en sesión de tarde, que estrea Diego coa proba de 800 libre, ata o domingo. Podedes estar ó día dos resultados do Campionato premendo no cartel: