Mañán xoves 6 de febreiro comeza o Campionato de España Máster de Inverno. Será en Oviedo, en iscina de 25 metros, e o Club Natación Arteixo contará coa presencia de dous nadadores e dúas nadadoras que participarán nun total de trece probas individuais e unha remuda de 4×50 libre mixta. Os nosos protagonistas serán, Inés Buenadicha, nadando 50 bolboreta e 50 braza; Raquel Durán, 50 e 200 braza, 100 costas e 50 bolboreta; Rubén Villamor, 100 e 200 braza, 100 e 200 costas; e Olmo Andrés, que participará en 50 e 100 libre e 50 braza.
A competición durará ata o domingo día 9 en intensas xornadas de sesións de mañán e tarde, poderemos seguir os seus resultados no enlace que deixamos a continuación.
Ánimo e Sorte Equipo!!


