Mañán da comezo en Pontevedra o Campionato de España Máster de Inverno. Este será na Piscina de 50 metros Rías do Sur, e durará ata o domingo. A este evento asiste Ramón Folch, o nadador máis veterán do Club Natación Arteixo. Vaia presenza que terá o noso club, xa que Ramón nadará catro probas. Estrearase o día xoves día nadando 100 libre, o venres nada 100 costas, o sábado 50 costas e o domingo 50 libre.
Mandámoslle dende esta web a Ramón todo o ánimo. Para estar atentos/as ós seus resultados, só tedes que premer no botón.
Ánimo e sorte Ramón!!