Campionato de España Máster

Dende este xoves 7 de fbreiro ata o domingo, celébrase en Pontevedra, o Campionato de España Máster. Case 1200 nadadores daranse cita nunha das mellores instalacións de Galicia, e o noso club non se queda corto con seis participantes.

Carmelo, Gloria, Javier, Manuel, Raquel e Ramón, estes serán a nosa representación, con un total de 23 probas individuais e 2 remudas masculinas, de 4×50 libre e 4×50 estilos.

Desexámoslle o mellor a este equipo, do que podemos estar ó día dos resultados na web do campionato.

Web do Campionato