Unha das piscinas de 50 metros máis especiais, Bernat Picornell, acolle un ano máis un Campionato de España de verán. E unha vez máis as cores de Arteixo luciranse en Barcelona coa representación de 2 nadadores junior e 2 nadadoras absolutas.
Para asistir a estes campionatos hai que acadar unhas marcas mínimas, e os deportistas arteixáns lográrono nas seguintes probas:
Omar Andrade, categoría junior, en 100 e 200 costas, nadará mañá e o sábado.
Francisco Sanjorge, categoría junior, en 200 libre, nadará o venres.
Virginia Naya, categoría absoluta moza, en 50 libre, nadará mañá.
Noelia Gómez, categoría absoluta moza, en 200 braza, nadará o domingo.
A competición durará dende mañá xoves ata o domingo, e consta de eliminatorias e finais. Podemos estar atent@s ós resultados e saber se os nosos teñen oportunidade de nadar unha final premendo no seguinte enlace: Web do Campionato
¡¡Ánimo e sorte para estes 4 grandes representantes do Club Natación Arteixo!!