Rematou o CII Campionato de España de Natación Absoluto e Juniorde verán celebrado este pasado fin de semana na Barcelonesa Piscina de Picornell. Dito campionato clausurouse coa vitoria masculina do Club Natación Sabadell e feminina do CN Sant Andreu en absoluta e do Real Canoe en categoría junior. Batíronse 3 récords de España, e foi, para os internacionais da natación española a antesala do Campionato de Europa que se celebrará en Berlín durante o mes de agosto.
Para os 4 nadadores que representaban o Club Natación Sarval Arteixo, resultou un bo campionato, no que todos melloraron a súas marcas respecto o campionato galego recentemente celebrado en Ourense. A experiencia, unha vez máis, incríbel, nadar a este nivel é o obxectivo e soño de todo nadador. En definitiva, un gran colofón para unha tempada na que este club ascendeu a Primeira División como campión, que mellor motivación…
Os postos acadados por estes nadadores son os seguintes:
En categoría Absoluta Moza: Virginia Naya, 23º posto en 50 libre (28.44); Noelia Gómez, 9º en 200 braza (2.45.71).
En categoría Junior: Omar Andrade, 15º posto en 100 costas (1.03.12) e 20ª en 200 costas (2.15.88). Francisco Sanjorge, 23º posto en 200 libre (2.00.54).
¡¡Noraboa!!