Campionato de España Junior e Absoluto

Acércase o último evento desta tempada 16/17 para o Club Natación Arteixo, e sen dúbida será un bo remate. Dende este martes 1 de agosto ata o sábado 5 celébrase o Campionato de España Junior e Absoluto en Terrassa. E a nosa nadadora Junior, Alba Gómez Mesías, nadará nada máis e nada menos que un total de seis probas, cinco puntuando como junior e absoluto e unha puntuando só como absoluta. Será un momento importante para esta gran nadadora que en inverno conseguiu ser dúas veces subcampiona de España en Gijón.

Alba estreará o campionato nadando o martes pola tarde a proba de 50 braza (absoluta), con final durante a mesma tarde. O mércores nadará 400 estilos, xoves 100 braza, venres 200 braza e domingo, para rematar, participará en 200 estilos e 200 libre. Este campionato constará de eliminatorias e finais, polas que Alba loitará en tódalas xornadas.

Esta está sendo unha gran tempada para Alba, en setembro entrou a formar parte do grupo de adestramento do CGTD, e cunha adaptación magnífica, está obtendo grandes resultados. Se algo sabe facer Alba é competir, disfrutar dos novos retos, deixar a un lado a presión e simplemente competir.

Podemos estar ó día dos resultados a tempo case real na páxina web da RFEN.

Web do Campionato

Ánimo e sorte Alba!!