Campionato de España Junior

Mañán sábado, o Club Natación Arteixo terá outra presencia no panorama nacional coa participación de Santiago Bello no Campionato Junior de verán de Castellón. Nadará 50 libre, proba para a que acadou a mínima na Fase Final da Liga Absoluta o pasado mes de maio.

Este xoven nadador estréase neste nivel competitivo, así que esperamos que disfrute da experiencia e que nade co máximo ánimo. Poderemos seguir os seus resultados na páxina que deixamos a continuación, onde tamén hai un enlace para ver o campionato en streaming.

Ánimo e Sorte Santi!!

Web do Campionato