Dende este sábado día 18 ata o martes 21 de marzo, celébrase en Gijón o Campionato de España de categorías Infantil e Junior. A nadadora do Club Natación Arteixo, Alba Gómez Mesías, participará nun total de cinco probas: 400 estilos, 200 e 100 braza, 400 libre e 200 estilos.
Esta nadadora ven de obter grandes éxitos a pasada tempada, destacamos: participou en Campionatos de España como absoluta, finalista no Campionato Open de Primavera en Sabadell. Na tempada de verán acadou o 4º posto en 200 braza e 5º en 100 braza en Canarias, no Campionato de España Junior.
Esta será para Alba unha importante cita a nivel nacional, na que se medirá co mellor da súa categoría. Poderemos estar ó día de como van os seus resultados na páxina oficial do campionato:
Ánimo e Sorte Alba, a por todas!!