Campionato de España Infantil. Resultados

Onte pola noite volveu a nosa representación no Campionato de España Infantil de Sabadell que se estaba a celebrar dende o luns. O resumo é de satisfacción cos resultados acadados e ilusión coa nova experiencia vivida por David e César.

César Pazos, mellorou a medida que avanzou o campionato. Nadou o martes o 100 braza, os nervios e a presión do evento eran grandes e aínda así acadou un tempo de 1.13.46, posto 33º. O xoves, moito máis tranquilo e metido na competición acadou unha mellor marca persoal en 200 braza, 2.34.71, acadando o 19º posto.

David Iglesias, que participaba na proba de 200 bolboreta, celebrada o martes, acercouse tamén á marca acadada no Galego. Pasou na metade da proba igual que en Ourense, subindo un pouco nos seguintes parciais pero moi ben loitado o posición dentro da súa serie. Fixo 2.23.20 acadando o 40º posto nesta proba.

O balance é de moi bo campionato para estes nadadores aínda tan xóvenes, que se enfrentaron de forma bastante sorpresiva a este tipo de eventos a nivel nacional, onde se compite ó lado dos mellores. E por suposto de gran experiencia que seguro servirá de motivación para continuar a vindeira tempada aumentando o nivel de adestramento do CNA.

¡¡Noraboa David e César!!

Resultados