Campionato de España Infantil e Junior

Dende mañá xoves 27 de febrero ata o domingo 2 de marzo, celébrase en Pontevedra o Campionato de España de Natación de categorías Infantil e Junior. Dous representantes do Club Natación SARVAL Arteixo acudirán a esta importante cita: Alba Gómez Mesías e Omar Andrade Álvarez.

Alba nadará un total de catro probas: 100 e 200 braza, 200 e 400 estilos, unha proba cada día. Omar participa en 100 e 200 costas, xoves e domingo respectivamente.  Este campionato consta de eliminatorias que se nadan en sesión de mañá e finais en sesión de tarde. Eles xa teñen experiencia entrando en final, así que estaremos atentos á páxina web oficial para coñecer os resultados de primeira man:

Web do Campionato

¡¡Todo o ánimo do Club Natación Arteixo viaxa a Pontevedra con Alba, Omar e Héctor!!