¿Creíades que rematara a tempada…? Pois non, os nadadores do Club, César Pazos Caneda e David Iglesias Muíño, acadaron no recentemente celebrado campionato galego de Ourense, tres mínimas para asistir ao Campionato de España Infantil e hoxe viaxan para empezar mañán a competir.
Este evento celébrase dende o luns a xoves, na localidade catalana de Sabadell. Será unha gran competición na que participarán os recén chegados de Tbilisi (Georgia) que formaron parte da selección española na FOJE (Festival Olímpico da Xuventude).
César nadará 100 braza (martes) e 200 braza (xoves), David participará en 200 bolboreta (martes). Este tipo de competicións nacionais constan de eliminatorias en sesión de mañá e finais en sesión de tarde.
Rematada xa a tempada para case todo o club coa celebración da Travesía de Suevos este pasado sábado, estes dous nadadores saberán poñerlle a guinda a esta estupenda tempada 2014/2015.
¡¡Ánimo e sorte, estaremos atent@s ós vosos resultados!!