Campionato de España Infantil

Grandes resultados no Campionato de España de categoría infantil de verán celebrado en Barcelona, na Piscina de Picornell do 27 ó 30 de Xullo. Os deportistas que representaron ó Club Natación Arteixo foron Miguel A. Gómez Mesías e Antía Gómez Taibo. Foi unha competición ó aire libre, dominada por un primeiro día de temporal e moita calor para o resto do evento, situacións ás que estes nadadores aclimatáronse sen problema, como queda demostrado cos seus resultados.

Miguel nadou o domingo a proba de 100 braza, acabando a súa segunda mellor marca persoal e o posto 39 de 16 anos.

Antía competía nun total de cinco probas repartidas nos catro días do campionato. Comezou o sábado nadando 100 libre, proba na que acadou a súa MMP (mellor marca persoal) en Piscina de 50 e o posto 27º de 14 anos. O domingo participou en dúas probas, 50 libre e 100 costas, pasando á final en ambas probas. Nadou pola tarde con mellor nivel competitivo, acadou MMP  en 50 libre e 8º posto. O 100 costas resultou ser unha carreira  igualadísima, acabou 4ª de España, acadando a Mellor Marca Galega de 14 anos con un tempo de 1.06.67. O luns pasou algo parecido co 200 costas, pola mañán obtivo marca de finalista, mellorandoa moito pola tarde, de novo 4º posto e MMG de 14 anos con un tempo de 2.24.39. O martes rematou coa proba de 200 estilos, proba moi loitada ainda que nesta ocasión ganou o cansancio do último día de campionato. 

Miguel e Antía disfrutan xa das tan merecidas vacacións, pero nas súas mentes xa ronda o camiño que recorerán a vindeira tempada para seguir mellorando e axudando a facer máis grande ó seu equipo.

Noraboa ós dous por este Campionato!!

Resultados