Mañá xoves día 14 da comezo o Campionato de España Infantil de Inverno. Será en Gijón e durará ata o domingo. O Club Natación Arteixo participará neste campionato coa nadadora de 13 anos, Antía Gómez Taibo.
Este evento constará de eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, e Antía participará nun total de tres probas. Estrearase o venres co 200 costas, o sábado nadará 100 costas, e pechará a competición o domingo coa proba de 200 estilos. Esta nadadora ven de colleitar moitos éxitos en Ourense, no Campionato Galego da súa categoría, evento onde realizou as marcas para asistir agora a Gijón.
Será un campionato con gran ambiente competitivo, xa que será o evento válido no que os nadadores de máis alto nivel tratarán de obter praza pàra participar nos FOJE (Festival Olímpico de la Juventud Europea). Así que esperamos que Antía disfrute e consiga empaparse deste espíritu competitivo que lle servirá como gran paso na súa recén estreada carreira deportiva a este nivel.
Ánimo e sorte Antía!!