Dende o martes 18 ata o sábado 22, celébrase en Palma de Mallorca a competición máis importante da tempada a nivel nacional, o Campionato de España de Verán Open Trials e Campionato de España Junior. O noso Club terá a presencia de seis deportistas que asisten a nadar un total de dezanove probas individuais.
Manuel Varela e Eva Sánchez participan como Junior e Paula Otero, Alba Gómez, Mateo García e Miguel Ángel Gómez como Absolutos. Poderemos seguir os seus resultados tanto na web do campionato como en directo en Teledeporte. Será un evento moi emocionante, xa que durante a súa celebración péchase a lista da natación española para os Xogos Olímpicos de París. E unha vez máis, o Club Natación Arteixo lucirá alí as súas cores.
Ánimo e Sorte!!