Campionato de España de Fondo Máster

O noso nadador máis veterán xa se atopa en Mataró para comezar mañán a súa participación no Campionato de España Máster de Fondo. Será en piscina de 50 metros e constará de tres xornadas, xa que Ramón participará nas tres probas. Estréase o venres coa máis larga, 3000 metros, o sábado participa en 1500 e o domingo en 800 libre. Ramón acaba de participar no Galego de Fondo con moi bos resultados, xa que ademáis de ser medallista, acadou os récords de España en piscina de 25 metros de 1500 e 800 libre.

Ramón sae con moi boas expectativas para esta participación, e coma sempre con unha ilusión desbordante. Dámoslle dende esta web un gran ánimo, e estaremos atent@s ós seus resultados en directo a través do seguinte enlace:

Web do Campionato