Campionato de España de FFTT

O nadador de categoría junior, Mateo García Castro sae hoxe para Alicante coa Selección Galega para participar dende mañán venres ata o domingo, no Campionato de España de Federacións Territoriais. Será en Torrevieja, en piscina de 50 metros. Xunto con Mateo están seleccionados un total de 24 nadadores/as, formando un equipo galego de 14 infantís e 11 junior.

Mateo participará nas probas individuais de 200 e 1500 libre na sesión de sábado tarde e 400 libre na de domingo mañán. Ademáis estaremos atent@s á súa posible participación en algunha remuda representando a Galicia co equipo junior masculino.

O Campionato será retransmitido vía streaming, deixamos os enlaces a toda a información a continuación.

Ánimo e Sorte a Mateo e a toda a Selección!!

Web do CampionatoConvocatoria