Campionato de España de FFAA

A selección galega acadou o 6º posto conxunto no Campionato de España de CCAA celebrado esta fin de semana pasada en Palma de Mallorca, con Cataluña como Federación gañadora. A clasificación completa por categorías foi a seguinte: na Infantil, 10º masculino, 7º feminino e 7º conxunto, na Junior, 12º masculino, 4º feminino e 7º conxunto

Eva Sánchez, a nosa representante en categoría Infantil, colaborou con boas marcas e gran espírito competitivo neste importante evento. Acadou os postos 10º en 200 costas, 14º en 100 costas e 21º en 50 libre. Participou nas tres remudas, nas que se lograron para Galicia o 8º posto no 4×200 libre, 9º en 4×100 libre e 7º 4×100 estilos.  

Eva acadou a mínima na proba de 100 costas para participar no Campionato de España Infantil que se celebrará en Cádiz no mes de marzo, esta súmase á de 200 costas que obtivo o ano pasado en verán.

¡¡Noraboa para Eva e para toda a selección galega por estes resultados!!

Resultados