A nadadora do Club Natación Sarval Arteixo, Alba Gómez Mesías, e 22 deportistas máis, forman parte da Selección Galega de Natación que sae esta mañá para Madrid, para participar esta fin de semana no Campionato de España de Comunidades Autónomas. Celebrarase no Complexo Deportivo M-86 os días 1 e 2 de febreiro en sesión de mañá e tarde. Neste campionato participan as categorías Junior e Infantil, á que pertence Alba.
Esta nadadora, de categoría infantil, non para de dar alegrías ó seu club. Despois dunha moi boa actuación no Campionato Galego Absoluto de decembro, no que acadou as súas mellores marcas e varias mínimas para asistir ós vindeiros campionatos de España da súa categoría, Alba foi seleccionada pola FEGAN (Federación Galega de Natación) para defender as cores de Galicia.
Alba nadará algunhas das súas especialidades, as probas de: 100 braza, 200 e 400 estilos.
¡¡Noraboa Alba, desexamos que Galicia acade un estupendo posto neste campionato!!