O Club Natación Arteixo bate récord de participación no Campionato de España de Augas Abertas que da comezo este venres en Sevilla, no Río Guadalquivir. Asistimos con un total de cinco deportistas de diferentes categorías. Por unha banda temos a Paula Otero, de categoría senior, que nadará as probas de 10K e 5K; Mateo García, Junior-2 que participa no 10K, proba na que terá a posibilidade de clasificarse para o Campionato de Europa de AA; Paula Rodríguez, de categoría Junior-1, que nadará o 7,5K; e por último a nosa representación máster, con Iván Rubio e Marcos del Río que nadarán 3K.
A axenda de competición empeza o venres con 10K e 7,5K en horario de mañán, proba que será televisada en RTVE Play. O sábado nadan os máster 3K en horario de tarde, e finalmente remata o campionato co 5K no que só participará Paula Otero.
Esta competición ten categoría de open, e polo tanto os nosos representantes terán oportunidade de competir man a man cos máis grandes das AA do noso territorio, e extranxeiros como o alemán Florian Wellbrock (campión olímpico y mundial), a neerlandesa Sharon van Rouwendaal (campiona olímpica e mundial), e outros medallistas mundiais como o xermano Oliver Klemet, o francés Marc-Antoine Oliver e a australiana Moesha Johnson.
Poderemos estar atent@s ós resultados en directo e ver toda a información da competición no seguinte enlace.
Ánimo e Sorte a tod@s!!