Campionato de España de AA

Esta fin de semana celébrase no Lago Banyoles, en Girona, o Campionato de España de Augas Abertas, e nesta ocasión o Club Natación Arteixo asiste con tres deportistas, Ana Veiga, Mateo García e Paula Otero.

Ana nadará en categoría absoluta a proba de 5K que se celebra o sábado pola mañán. Ese mismo día participa Mateo na proba de 7,5K, en categoría Junior 1. Paula nadará dúas probas, o venres 10K e o sábado 5K.

Serán unhas xornadas intensas, pero co incentivo deste tipo de probas, ó aire libre e con un ambiente competitivo moi especial. Pronostican moi boa temperatura e esa situación axuda moito a poder disfrutar dos campionatos de augas abertas.

Podemos consultar toda a información na páxina do campionato.

Web do Campionato