Campionato de España de AA. Resultados

A comitiva do Arteixo sufriu unha baixa importante para este Campionato de de España de Augas Abertas celebrado en Banyoles esta fin de semana. Paula Otero non pudo asistir, pero Ana Veiga e Mateo García compensaron esta ausencia coa ilusión coa que participaron nas súas probas.

A climatoloxía e a temperatura da auga foron ideales, facía calor e nadaron en 21,8º, nesta edición contouse con motos extranxeiros/as, entre eles varios de podium olímpico. O Lago Banyoles, sen dúbida é a localización ideal para este evento. Nadaron o sábado pola mañán. Ana, veterana xa neste tipo de campionatos,  participou na proba de 5K absoluta, na que acadou o 11º española e 20º posto total . Mateo estreábase en Augas Abertas a nivel nacional, e pasou a proba con moi boa nota. A súa distancia como Junior_1 foi de 7,5K, tres voltas ó circuito.  A primeira volta foi a máis rápida, no grupo de cabeza, avituallou na segunda volta e rematou en 11º posto español e 15º na total. A proba de Mateo foi a máis numerosa.

Pronto se celebrará o Campionato Galego desta modalidade, e está claro que o Arteixo terá presencias importantes. Intentaremos que máis nadador@s vaian introducídose, xa que é un camiño moi interesante e divertido dentro da natación de competición, sobre todo de cara a tempada de verán, xa que o Circuíto Galego de Travesías é un dos mellores de España.

Noraboa Ana e Mateo!!

Resultados