Campionato de España de AA

Esta fin de semana celébrase en Ibiza o Campionato de España de Augas Abertas que será á vez a 2ª Etapa da Copa do Mundo de Augas Abertas. O Club Natación Arteixo terá a presencia de dous nadadores seleccionados co Equipo nacional para ambos eventos, Paula Otero e Mateo García, e unha nadadora de categoria Junior para o Campionato de España, Paula Rodríguez.

Neste evento daranse cita os mellores nadadores e nadadoras do mundo da especialidade de Augas Abertas, e será clasificatorio para os Campionatos do Mundo e de Europa absolutos de dita disciplina.

A Copa do Mundo terá como probas o 10K, en sesión de venres pola mañán, e o sábado o Knockout Sprint, proba de moi recente estreo, que será un 3K con tres distancias eliminatorias (1500, 1000 e 500). Ademáis terán lugar as probas só de Campionato de España, 7,5 de categoría Junior o venres pola tarde e o 5K o domingo pola mañán.

Tódalas probas celebraranse na Praia de Santa Eulalia del Ríu, na Illa de Ibiza, na que se espera un tempo moi tranquilo e con boa temperatura. O noso calendario de competición será o seguinte:

Paula Otero: venres ás 9:00 10K, sábado ás 9:00 Knockout, domingo ás 9:00 5K

Mateo García: venres ás 12:00 10K, domingo ás 11:00 5K

Paula Rodríguez: venres ás 17:00 7,5K, sábado ás 13:00 Knockout

Ánimo e Sorte!!

Convocatoria SelecciónWeb do Campionato