Campionato de España Castellón

Dende este venres día 20 de novembro, celébrase o LXIV Campionato de España en Piscina de 25 metros en Castellón. Nesta ocasión, e debido á situación provocada pola pandemia, o evento celébrase con criterio de ránking a nivel nacional, en lugar de mínimas. O Club Natación Arteixo está inscrito con dúas das súas nadadoras máis experimentadas a este nivel de competición. Alba Gómez, de categoría absoluta e Paula Otero, de categoría junior. Un total de 11 probas individuais formarían o noso calendario da competición, que será en formato contrareloxio e dividida en cinco sesións.

Finalmente só asistirá Alba, que seguro que saberá poñer a ilusión de todo o seu club e da súa compañeira en cada proba que nade. As súas probas serán nas xornadas de sábado e domingo. Podemos vela competir en directo, dende a plataforma Dailymotion de RfenTV y LaLigaSports.

Esta é unha gran ocasión para poder volver a disfrutar do motor deste deporte, a competición.

Sorte e ánimo chicas!!

Web do CampionatoStreaming